Importante

Cambios nos martes festivos

Estamos estudando qué data é a máis axeitada para o reparto para as semanas de Nadal e Aninovo, xa que coincide que os martes 25 e 1 son festivos.

 

Entrar






Esqueceches o contrasinal?
Presentación
Escrito por O Bandullo Ecolóxico   
jueves, 06 de diciembre do 2007

Consumir ecolóxico, para que?

Cada día hai evidencias máis claras de que a agricultura actual está a destruir as sociedades rurais, o medio ambiente e a saúde de tod@s nos, ó tempo que engrosa os beneficios económicos das grandes empresas. 

A agricultura ecolóxica preséntase como unha alternativa a isto. Pero, polos intereses en xogo no sistema económico actual, ten unha presenza moi reducida no mercado. 

Polo de agora, non hai produción porque non hai consumo, e non hai consumo porque non hai produción. En consecuencia: os alimentos ecolóxicos son produtos dificiles de atopar no mercado convencional, ademáis de ter prezos moi elevados. Semella que a prreocupación polo medio ambiente e a saúde queda reservada para consumidor@s ric@s 

O Bandullo Ecolóxico é unha asociación de consumidores que quere romper con isto. Pretendemos ofrecer @s consumidor@s alimentos e productos feitos dacordo coas seguintes condicións:

  • Respeto ó medio ambiente
  • Respeto ás sociedades rurais
  • Respeto á saúde dos consumidor@s

Queremos alimentos sans para @s consumidor@s e para a Terra, e que ademáis estean ó alcance da maioría. Por isto tamén asumimos a necesidade de formentar o consumo de productos artesáns e ecolóxicos.

Como traballamos?

A asociación contacta cos produtores e establece un listado de produtos. Cada socio realiza un pedido semanal de produtos frescos a partir deste listado, e ademáis, no local temos unha serie de produtos non perecedeiros á disposición d@s soci@s.

Visitamos as explotacións para comprobar se o proceso de produción se axusta ós nosos criterios. Temos establecido un contacto directo entre produt@r e consumid@r.

Funcionamos repartindo, de forma voluntaria, o traballo entre @s soci@s, atendendo o local e formando distintos grupos: produtores, secretariado, difusión, pedidos e reparto.

Produtos dispoñibles

Algúns dos produtos dispoñibles son: legumes, hortalizas, cereais, verduras, lácteos, e moitos máis ... Por ser productos ecolóxicos, só temos produtos de temporada. Podes pedir o listado de produtos actuais no noso local ou a través dos distintos medios de contacto que temos.

Respecto ós prezos, tentamos manter prezos xustos para produtor@es e consumidor@s, estes prezos páctanse e non varían ó longo do ano.

 

Última actualización ( viernes, 07 de diciembre do 2007 )
 

Calendario de eventos

« < Xuño 2008 > »
L M M X V S D
26 27 28 29 30 31 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 1 2 3 4 5 6
« < Xullo 2008 > »
L M M X V S D
30 1 2 3 4 5 6
7 8 9 10 11 12 13
14 15 16 17 18 19 20
21 22 23 24 25 26 27
28 29 30 31 1 2 3

Enquisas

Como consumidor ...
 

Quen está en liña

© 2008 O Bandullo Ecolóxico
Joomla! is Free Software released under the GNU/GPL License.